lunes, 17 de noviembre de 2014

Coidareite sempre que poida

      Co noso Celtiña, nun mundo salvaxe con melodía de Cat Stevens, nun pobo esquinado e nunha cidade preta. Comendo palomitas de millo, facendo mil e un traballos, compartindo días insipirados e outros non tanto;que unha non, pois a outra. Perfeccionándoo todo, sacando comas e poñendo puntos. Días malos ó carón dunha Estrella Galicia, convertindo as medias horas en horas enteiras. Cos nosos amigos, ou sen eles. Abrindo armario, conquistando o paladar a modo de menú de estudiante. Contando o pasado, vivindo o presente, acompañándonos no futuro. Sobre xeo, na calima afriacana, sobre as augas, baixo a romana calor, coa peculiaridade da sucia cidade, e sobre catro rodas probando o aslfato. Marea Negra Nunca Máis, o ensino en loita, cantas molladuras miña amiga, cantas. Que non falte unha boa baralla, ou ese cogumelo que tanto no fixo desvariar. O zumo da pastalería que non falte os venres de mañá, ou os xoves, ou… Cantas sorrisas me sacache, canto por agradecer. Os ollos nunca nos mentiron, que a bo entendedor, poucas palabras bastan. Polos días de terapia, polos vintetantos, polas crises de parella, polo de verdade. Ai Compestela, canto me deches!
     Que estes anos non son nada se pensamos nos que no quedan. Polo malo e polo bo, polo que foi e polo que será, por nós, pero sobretodo por ti, a quen Eric Clapton dedicou unha canción. 

     As cousas importantes da vida, non son cousas.