Co noso Celtiña, nun
mundo salvaxe con melodía de Cat Stevens, nun pobo esquinado e nunha cidade
preta. Comendo palomitas de millo, facendo mil e un traballos, compartindo días
insipirados e outros non tanto;que unha non, pois a outra. Perfeccionándoo todo,
sacando comas e poñendo puntos. Días malos ó carón dunha Estrella Galicia,
convertindo as medias horas en horas enteiras. Cos nosos amigos, ou sen eles.
Abrindo armario, conquistando o paladar a modo de menú de estudiante. Contando
o pasado, vivindo o presente, acompañándonos no futuro. Sobre xeo, na calima
afriacana, sobre as augas, baixo a romana calor, coa peculiaridade da sucia
cidade, e sobre catro rodas probando o aslfato. Marea Negra Nunca Máis, o
ensino en loita, cantas molladuras miña amiga, cantas. Que non falte unha boa
baralla, ou ese cogumelo que tanto no fixo desvariar. O zumo da pastalería que
non falte os venres de mañá, ou os xoves, ou… Cantas sorrisas me sacache, canto
por agradecer. Os ollos nunca nos mentiron, que a bo entendedor, poucas
palabras bastan. Polos días de terapia, polos vintetantos, polas crises de
parella, polo de verdade. Ai Compestela, canto me deches!
Que estes anos non son
nada se pensamos nos que no quedan. Polo malo e polo bo, polo que foi e polo
que será, por nós, pero sobretodo por ti, a quen Eric Clapton dedicou unha
canción.
As cousas importantes da
vida, non son cousas.